jueves, 12 de julio de 2007

Um patriota que nos deixa



O histórico galeguista, aviador e coronel do Exército Republicano, Elixio Rodríguez, finou este luns en México aos 97 anos de idade. Rodríguez era natural de Grou (Lobios, Baixa Limia) e veciño de Bande.

Foi membro das Mocidades Galeguistas. Ao comezo da Guerra Civil española foi detido e pasou dous meses preso no convento de Celanova. Conseguiu evitar ser 'paseado' enganchándose na Lexión, onde pasou algún tempo en Cáceres en labores administrativos até entrar no corpo de aviación.

Fuxida á zona republicana

Posteriormente, estivo destinado como capitán en León no pequeno aeródromo de Navia e en febreiro de 1937, incorporouse á Lexión Cóndor. Ao mes seguinte conseguiu fuxir nun Breguet XIX a Xibraltar e pasar á zona republicana.

Unha vez en territorio republicano, foi destinado á base de San Javier en Murcia, mais foi detido e condenado a morte acusado de espionaxe para o inimigo. Grazas á intervención de Castelao e doutros deputados galegos residentes en Valencia conseguiuse a anulación da sentenza e a celebración dun novo xuízo, en que foi absolto.

Solidariedade Galega Antifeixista, en Barcelona

Pasou o resto da guerra en Barcelona ao cargo da intendencia de aviación e como secretario xeral de Solidariedade Galega Antifeixista até que, coa caída de Cataluña, tivo que pasar a Francia. De alí saíu cara a Veracruz (México), onde chegou o 13 de xullo de 1939, e aceptou a oferta das autoridades para adoptar a nacionalidade mexicana. Estabeleceu a súa residencia no DF (México capital), onde viviu dende entón e onde exerceu como empresario e distribuidor.

Fundador de Vieiros

En México tratou con numerosas personalidades políticas e culturais do exilio republicano e participou en actividades culturais galeguistas como a fundación do Padroado da Cultura Galega de México, a revista de radio Hora de Galicia e a revista Vieiros. En 1997 publicou a novela autobiográfica Matádeo mañá.

Rodríguez visitaba Bande durante longas tempadas e, dende hai anos, participaba no acto do Día da Patria cos dirixentes do BNG. A súa última publicación foi a colaboración no monográfico A Galiza Global: galegas e galegos non mundo, publicado polo Foro Cívico Galego de Barcelona.

Extraído do Vieiros.com


Um patriota, um home íntegro e cum grande valor que nos deixa para sempre, tudo um ejemplo a seguir polo súa coragem e valentía.Mágoa que hoje me día já quedem moi poucos patriotas coma ele.


D.E.P.

Unha ducia de asociacións ecoloxistas xuntaranse no sábado contra a caza dos pombiños

Extraído de Vieiros:

Os ecoloxistas protestan contra unha práctica inhumana, na que preto de 30.000 animais son ceibados medio aparvados, para que se poidan cazar mellor.

A concentración contra a caza destes paxaros celebrarase o vindeiro sábado ao mediodía no Paseo de Beiramar d'O Grove, xusto en fronte da Illa da Toxa, onde varios cazadores se van reunir esta fin de semana para matar uns 30.000 pombiños que serán ceibados, coas plumas e a cola cortada, para que, debido ao seu torpe voo, sexan máis fáciles de cazar.

As asociacións ecoloxistas que convocan a concentración, entre as que se atopa ADEGA, din que se está a violar a lei de caza na Illa, ademais, "co beneplácito da administración", e consideran que existen alternativas a esta "práctica lamentábel", como o tiro ao prato.



Ata onde chega a crueldade humana de algums infraseres? Como se pode chegar a ser tam sumamente miserável? Se houbese ums governantes de garantías e nom os inútiles que temos na poltrona, esta escoura que se adica a assassinar animais por diverssom estaría trabalhando ums quantos anos unicamente para pagar umha cuantiosa multa derivada pola realizaçom de tam repugantes prácticas.

Força Nacional quere sumar o seu apoio às organizaçons convocantes da protesta.

martes, 26 de junio de 2007

O que há que ouvir: CONTRA LEGEM

Imos inaugurar esta secçom com esta banda galega que levam um ano e meio de experiência e algums concertos às costas.A banda começa a súa andaina na cidade de compostela a inícios do 2006 e o seu estilo podémolo enquadrar no streetpunk/Oi! clásico com algums toques melódicos interesantes.

Em quanto às súas cançons, polo de agora só puidemos ouvir os tres cortes que tenhem no seu myspace, mas que deixam entrever qualidade musical e bom futuro para os rapazes da capital da Pátria. O primeiro tema é "primeiros anos" um tema nostálgico que reflicte as aventuras da vida rueira,com boa melodía e punteios que nos lembran òs suecos Perkele; a continuaçom vém "Ei ti" com um só cru, puro streetpunk, e a letra é tuda umha declaraçom de princípios; por último temos "que nada cambie" no que floresce a parte máis melódica da banda mas nom por isso menos boa.

Para tudo aquel que aínda nom os conheça , deixamos a ligaçom do seu myspace:

http://www.myspace.com/contralegemgz

"Martin" e os seus complexos

Nestes tempos de traiçom ò sangue e vassalagem a Madrid vimos vendo muitos casos de pessoeiros públicos que dalgum modo renegam da súa condiçom de galegos.O último caso vén dende a capital da meseta e o seu protagonista é nem máis nem menos que o filho do escritor Manuel Rivas, um escritor galego de grande éxito.O caso é que o raparigo vém de dar o salto à televissom estatal com a telesérie "El internado" e ademais de ganhar "fama" pola súa cara bonita tambem a está a conseguir polas meteduras de pata e parvadas que saem da súa boca.Como por exemplo as subnormalidades que solta nesta entrevista a um jornal espanhol:

Martín Rivas dice ahora que se dio cuenta en una cafetería de que debía traducir su nombre. "En Madrid, en el Starbucks, el camarero te pregunta cómo te llamas al tomar nota del pedido. Allí siempre entendían Martino, Martico, Martillo... Así que decidí cambiar".

Se castellaniza el nombre, sí, pero el deje permanece. Algunas de las críticas que se leen van por ahí. Por su acento gallego. Y él se defiende asegurando que es por exigencias del guión, porque interpreta a un coruñés. Si algún día le toca interpretar a un murciano, dice que "habrá que adecuarse": "Un buen actor debe ser versátil", "como Leonardo DiCaprio" en Diamante de Sangre, "con su acento surafricano perfecto".

Lamentável. Que opinará o pai disto?

martes, 19 de junio de 2007

Máis terrorismo lingüístico

http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=983

Dende Força Nacional pedimos ò povo galego que faga públicas todos estes actos de discriminaçom e xenofóbia anti-galega

lunes, 18 de junio de 2007

Os castrados e as súas campanhas

TAN GALLEGO COMO EL GALLEGO

Com essa merda de frase o ultraespanholismo trasnoitado vem de subir à rede um web de contidos claramente ofensivos para o nosso idioma e identidade. O propósito destes elementos é a supressom do "Decreto da lingua galega" que quere pór em marcha a Junta de Galiza, um decreto de mínimos pero que a estes anti-galegos parecelhes umha imposiçom e umha intolerância, viver para ver, agora os verdugos vam de vítimas.

Tambem comentar que já se activou umha "contra-web" humorística que vos deixamos a ligaçom a continuaçom:

http://tangallegocomoelgazpacho.blogspot.com/

ATENÇOM ESPANHOL

PÁGINA 100% GALEGA
100% NACIONALISTA