jueves, 12 de julio de 2007

Um patriota que nos deixa



O histórico galeguista, aviador e coronel do Exército Republicano, Elixio Rodríguez, finou este luns en México aos 97 anos de idade. Rodríguez era natural de Grou (Lobios, Baixa Limia) e veciño de Bande.

Foi membro das Mocidades Galeguistas. Ao comezo da Guerra Civil española foi detido e pasou dous meses preso no convento de Celanova. Conseguiu evitar ser 'paseado' enganchándose na Lexión, onde pasou algún tempo en Cáceres en labores administrativos até entrar no corpo de aviación.

Fuxida á zona republicana

Posteriormente, estivo destinado como capitán en León no pequeno aeródromo de Navia e en febreiro de 1937, incorporouse á Lexión Cóndor. Ao mes seguinte conseguiu fuxir nun Breguet XIX a Xibraltar e pasar á zona republicana.

Unha vez en territorio republicano, foi destinado á base de San Javier en Murcia, mais foi detido e condenado a morte acusado de espionaxe para o inimigo. Grazas á intervención de Castelao e doutros deputados galegos residentes en Valencia conseguiuse a anulación da sentenza e a celebración dun novo xuízo, en que foi absolto.

Solidariedade Galega Antifeixista, en Barcelona

Pasou o resto da guerra en Barcelona ao cargo da intendencia de aviación e como secretario xeral de Solidariedade Galega Antifeixista até que, coa caída de Cataluña, tivo que pasar a Francia. De alí saíu cara a Veracruz (México), onde chegou o 13 de xullo de 1939, e aceptou a oferta das autoridades para adoptar a nacionalidade mexicana. Estabeleceu a súa residencia no DF (México capital), onde viviu dende entón e onde exerceu como empresario e distribuidor.

Fundador de Vieiros

En México tratou con numerosas personalidades políticas e culturais do exilio republicano e participou en actividades culturais galeguistas como a fundación do Padroado da Cultura Galega de México, a revista de radio Hora de Galicia e a revista Vieiros. En 1997 publicou a novela autobiográfica Matádeo mañá.

Rodríguez visitaba Bande durante longas tempadas e, dende hai anos, participaba no acto do Día da Patria cos dirixentes do BNG. A súa última publicación foi a colaboración no monográfico A Galiza Global: galegas e galegos non mundo, publicado polo Foro Cívico Galego de Barcelona.

Extraído do Vieiros.com


Um patriota, um home íntegro e cum grande valor que nos deixa para sempre, tudo um ejemplo a seguir polo súa coragem e valentía.Mágoa que hoje me día já quedem moi poucos patriotas coma ele.


D.E.P.

Unha ducia de asociacións ecoloxistas xuntaranse no sábado contra a caza dos pombiños

Extraído de Vieiros:

Os ecoloxistas protestan contra unha práctica inhumana, na que preto de 30.000 animais son ceibados medio aparvados, para que se poidan cazar mellor.

A concentración contra a caza destes paxaros celebrarase o vindeiro sábado ao mediodía no Paseo de Beiramar d'O Grove, xusto en fronte da Illa da Toxa, onde varios cazadores se van reunir esta fin de semana para matar uns 30.000 pombiños que serán ceibados, coas plumas e a cola cortada, para que, debido ao seu torpe voo, sexan máis fáciles de cazar.

As asociacións ecoloxistas que convocan a concentración, entre as que se atopa ADEGA, din que se está a violar a lei de caza na Illa, ademais, "co beneplácito da administración", e consideran que existen alternativas a esta "práctica lamentábel", como o tiro ao prato.



Ata onde chega a crueldade humana de algums infraseres? Como se pode chegar a ser tam sumamente miserável? Se houbese ums governantes de garantías e nom os inútiles que temos na poltrona, esta escoura que se adica a assassinar animais por diverssom estaría trabalhando ums quantos anos unicamente para pagar umha cuantiosa multa derivada pola realizaçom de tam repugantes prácticas.

Força Nacional quere sumar o seu apoio às organizaçons convocantes da protesta.